6/11/22

A DESPEDIDA DE JOSE ( Párroco do Freixo)

Para o Freixo foi un bo cura,
pero sobre todo un bo amigo,
unha persoa que colaborou 
en todos os traballos 
e actividades que se realizaron 
no pobo. 
Vaise unha persoa moi querida.
Grazas por todo, 
Boa sorte na nova etapa da túa vida.



2/11/22

DIA DE TODOS OS SANTOS

Este martes 1 de novembro a igrexa celebra a festa de todos os santos, ese día é para honrar a memoria dos nosos familiares falecidos, decorando con flores os cemiterios.


17/8/22

SAN ROQUE 2022

   

Dia grande no pobo en honor a San Roque, con misa solemne as 13h, sen procesión por mor das choivas. San Roque escoitou as oracións de todos desexando a choiva nun verán moi caluroso e seco. A noite vervena amenizada polo trio XTRA e o dúo D,VICIO.

26/6/22

LIMPEZA NO POBO


Hoxe fíxose a limpeza anual na nosa aldea (zonas comúns), manantiais, cemiterio, parque, chiringuito, turreiro, muiño, etc..traballouse moito pero é necesario para que non teñamos un pobo abandonado. Grazas a todos os que participaron.

21/6/22

CORPUS 2022

Celebración do Corpus Christi, este ano nun día de choiva por tal motivo realizáronse as alfombras florais no interior da igrexa.

28/4/22

MOLLAPAN

 O barrio de Mollapan quedou así de bonito logo de finalizar as obras de construción un muro de contención e acondicionamento das pistas.

22/8/21

CONCURSO DE HORTAS. VIDEOS MAIS VOTADOS

Resultados das votacións que se fixeron a traves do grupo de WhatsApp dos veciños e os videos máis votados. 


VIDEOS( FESTA DE SAN ROQUE 2021)


video da tarde-noite de San Roque na que nos fixeron pasar un día divertido sen contar ( todo foi improvisado), IAGO e MANUEL. Moitas grazas os dous e por suposto as bailarinas




 

4/7/21

O MIRADOIRO RECUPERA A SÚA CRUZ

.

Colocouse a cruz de pedra orixinal no miradoiro do Coto da cruz, despois de que no ano 2016 por causas descoñecidas desaparecese, atopándose logo tirada no monte. Foi substituída por outra que non estaba mal, pero nada que ver coa actual

LIMPEZA NO POBO ( 2021)

Hoxe tocou limpeza no pobo (áreas comúns, cemiterio, pistas, manantiales, etc). Para ter coidada a nosa aldea os veciños que non poden realizar os traballos ( xa que son tarefas moi duras) axudan economicamente. Agradecer a todos a súa colaboración, sen deixar de nomear a labor da comunidade de montes. Moi orgullosa de ser veciña deste pobo.

7/6/21

CRPUS CRISTI 2021

Este ano reunímonos para celebrar o Corpus, con todas as medidas necesarias dada a situación na que nos atopamos, dous días de traballo pero contentos de estar todos xuntos facendo un pouco de vida social. Para o ano que vén máis e mellor. Grazas a todos

25/10/20

LIMPEZA DO CEMITERIO 2020

É unha tradición que coa chegada do día de Todos os Santos o cemiterio estea preparado e limpio para que os nosos veciños poidan vir colocar flores e así homenaxear aos seus familiares falecidos dun xeito tan fermoso.

16/9/20

ARRANXOS NA FONTE DO CRUCEIRO QUEBRADO

J.Luis e Antonio fixeron un bo traballo, canalizaron a agua e arrenxaron a fonte do Cruceiro Quebrado. Unha pequeno traballo que era necesario. Grazas os dous.

16/8/20

SAN ROQUE 2020

.   

                                                            


Ano triste de pandemia ,  
algo inusual,
diferente doutros anos
pero honramos ao noso 
patrón San Roque 
da mellor maneira que sabemos, 
con falta de moitas cousas 
pero con devoción e cariño. 

Botamos de menos os anos que pasaron

VIRXE DO CAMIÑO (15-8-2020)

Un ano diferente, insólito, triste, deberíamos estar a celebrar unha festa que nos resulta moi querida para todos os veciños, pero non podemos celebrala como se merece. Agardemos que para o  ano que vén todo cambie e poidamos ter gaiteiros, rosquilleiras, pulpeiras, pementos pola noite, música ... esas pequenas cousas que nos fan felices e que agora non podemos difrutar.

19/7/20

LIMPEZA NO POBO

Limpeza da ruta de sendeirismo e zonas comúns da parroquia, este ano realizouse uns meses máis tarde debido á situación na que nos atopamos este ano ( COVID 19). Día de moita calor 38º e con algunhas incidencias causadas polas velutinas que picaron a Daniel e Ramón, este último tivo que ser ingresado no hospital . A pesar de que se traballo moito, foi un día agradable de convivencia que finalizou cun gran xantar. Agradecemento a todos os veciños que colaboraron dalgunha maneira e en especial á Comunidade de montes e augas.
 

16/2/20

LACÓN CON GRELOS 2020

Hoxe día de degustar un clásico da comida galega, Lacón con grelos propia das datas do entroido. Como sempre preparado polos homes do pobo, detalle que agradecen as mulleres. Así que grazas a todos por preparar esa deliciosa comida en especial a Manolo e Julio tamén á nosa veciña Ines por traer de sobremesa unhas riquísimas orellas de frade.

2/11/19

MAGOSTO 2019

 Lume, chorizos, castañas e viño para celebrar o tradicional magosto nun día de outono con moi mal tempo que non impediu que nos reunieramos para pasar un intre divertido en boa compañía.

1/11/19

DÍA DE TODOS OS SANTOS

Hoxe día de todos os santos, o noso cemiterio vese fermoso con tantos ramos de flores, ofrendas á memoria de todos os nosos seres queridos nun día triste e chuvioso.

29/10/19

Os VECIÑOS PRESÉNTANSE ANTE A NOVA IMAXE



A capela da virxe do camiño recibe o 16-10-19
unha nova imaxe tallada en pedra de granito
de 120cm de altura e cun peso aproximado de 700 quilos
é unha replica da figura orixinal que está situada
na igrexa do Freixo. A obra foi realizada por
Bruno Comesaña Ledo estudiante da escola
de cantería da Deputación de Pontevedra,
a cal asumiu os traballos de elaboración e instalación da figura.

28/9/19

EXCURSION: RUTAS DAS CAMELIAS 28-9-2019


 Excursión do pobo, visita pola mañá ao PAZO DE LOURIZÁN emblemático edificio que foi residencia de verán de Eugenio Motero Ríos, despois continuamos cara á Estrada para visitar RUTA DÁS MACEIRAS en callobre onde realizamos un percorrido pola plantación de manceiras. Comida no restaurante O Recuncho do Chiado, de tarde visitamos os xardíns do PAZO DÁ OCA que actualmente pertence aos duques de Medinaceli e coñécese como o "Versalles galego" e para terminar disfrutamos dunha degustación de queixos no PAZO DE ANZUXAO. Un bo día de convivencia.

23/8/19

DÍA DO CAN

Día de nenos e non tan nenos, logo de dous días de festa un poquito de relax e de disfrute.


SAN ROQUE 2019


Festa no pobo en honra a San Roque, o noso patrón.Un día de encontro entre familias, veciños e amigos. Pola mañá cedo Julio encárgase de botar fogos para dar comezo ao día grande, a charanga "VAI DE BAILE" ameniza as rúas coa súa música e ás 13 h misa solemne con procesión. De noite actuación dos tríos "TRES. COM" e "AZAR" unha verbena pequena  pero moi divertida.


7/7/19

CRUCEIRO QUEBRADO 2019



Primeiro domingo de xullo,

celebramos a romaría do Santo Cristo dos Aflixidos. 

Día relixioso na capela do Cruceiro Quebrado 

e de xuntanza deleitándose dun xantar

nun lugar privilexiado en plena natureza. 

25/6/19

CORPUS 2019

Día de Corpus con ameaza de choiva, polo tanto tomamos a decisión de realizar as alfombras dentro da capela e como non vai ser só traballar este ano acompañámolo cunha sardiñada.



14/6/19

5ª ANDAINA " RUTA DO COTO DA CRUZ"

5ª ANDAINA  RUTA DO COTO DA CRUZ
dar as grazas a todos os que nos acompañaron este ano. Un día de convivencia para admirar a natureza con xente moi agradable. Esperámosvos para o ano que vén. 

1/6/19

LIMPEZA DO POBO

Tarefas de limpeza no pobo en zonas comúns e ruta de sendeirismo para ter todo en condicións o día da andaina. Todos os veciños colaboran facendo traballos de limpeza ou ben achegando un donativo ou alimentos. Un día de convivencia e traballo.

                           
Clima Crecente