15/4/17

CHURRASCADA


Outra churrascada máis, e esta vez grazas a unha veciña que reside en Sevilla, Katy (filla de Ana do Pazo) que ofreceu ao pobo o valor do premio que recibiu da rifa premiada nas festas de San Roque, un porco, asar o porco resultaba moi caro e a comisión de festas optou por facer unha churrascada á que asistiron 120 persoas. 
Grazas Katy, e a xente que traballou para que todos poideran disfrutar.

PLANTACIÓN de PIÑEIROS na VIRXE DO CAMIÑO

Un grupo de 22 veciños voluntarios desplazaronse a Virxe do Camiño co fin de participar na reforestación dunha zona que estaba preparada para a plantación de 450 piñeiros. En menos de dúas horas o traballo estaba feito grazas ao esforzo, entusiasmo e ilusión da xente. Grazas a todos os que colaboraron.

1/4/17

LACÓN CON GRELOS 2017

Como todos os anos os homes do pobo reuníronse para degustar unha comida típica de Galicia, LACÓN CON GRELOS, este ano no canto de ser cea foi comida. A pesar do rico que estaba sobrou, pois fixeron moita cantidade así que á noite compartiron con todos os que estabamos no chiringuito este rico manxar.


Clima Crecente