3/12/16

EXCURSIÓN : ILLA DE SAN SIMÓN

Este ano a asociación de veciños do Freixo coa colaboración da Diputación de Pontevedra ofrecéronnos unha excursión á illa de San Simón. O bo tempo permitiu gozar dun día moi completo e entretido coa visita ao museo de Meirande, illa de San Simón, percorrido dunha pequena parte do camiño Portugués do Norte e un paseo por Redondela.

6/11/16

MAGOSTO 2016



Sabrosos chorizos e castañas,
bo viño e marabillosa compañía
non se pode pedir máis...                                                    


1/11/16

DÍA DE TODOS OS SANTOS



Día de culto. Día de honrar aos nosos defuntos 
con celebracións relixiosas, visitas ao cemiterio,
flores, veas, oracións .... 
                          

11/9/16

A NOVA CRUZ DO MIRADOIRO

Hoxe colocouse a nova curz no miradoiro do "COTO DA CRUZ".
Non ten nada que ver coa anterior, pero co tempo collerémoslle agarimo.
Un empeza a valorar algo cando se perde.

4/9/16

DESAPARECEU A CRUZ DO MIRADOR DO COTO DA CRUZ

Unha parella que realizo a ruta púxonolo en coñecemento unha vez que chegaron ao turreiro, preguntáronnos pola cruz, pois non a viron e supoñíase que habería algunha xa 
que o nome da ruta era "Ruta do Coto da Cruz". 
Comprobouse e si efectivamente desapareceu. Onde estará?


17/8/16

DIÁ DO CAN


Mércores 17:  terceriro día de festa

Pola tarde actividades para nenos e non tan nenos.
A noite festa co trio AZABACHE e queimada.

16/8/16

FESTA DO SAN ROQUE 2016

 Martes 16: Segundo día de festa

Festividad de San Roque, 
con misa solemne cantada polo coro 
da parroquia e procesión acompañada 
pola chanranga "VAI DE BAILE" .
A noite verbena coa actuación dos trios:
TRES.COM - PK2


15/8/16

ROMARÍA VIRXE DO CAMIÑO 2016


Luns 15:  primeiro día de festa.

Romaría na Virxe do Camiño, 
con misa solemne ás 13 h.
cantada polo coro da parroquia
e procesión acompañada do grupo de gaitas  
"Os Castriños de Rebordechan".
Ás 21 h pementada no torreiro da festa
e para divertirse ata as 2h da madrugada 
a actuación do Dj.M0VIE.

10/7/16

CRUCEIRO QUEBRADO 2016


Día de festa no Cruceiro Quebrado,
en honor ao Santo Cristo dos Aflixidos.
Misa solemne e procesión as 13h,
actuación de Carlos do Viso
"O Cego do Viso" coas súas
cantigas ás 12,30 h, e comida
popular cos nosos veciños
nun dos lugares máis privilixiados
que temos na nosa parroquia.


25/6/16

RUTA DO COTO DA CRUZ ( II ANDAINA )


Por fin chegou o día (II ANDAINA), saímos ás 9;30h desde o turreio ao rededor de 90 persoas aínda que para comer eramos 109, fixemos todo o percorrido con bo tempo 22º de maxima, descanso na Virxe do Camiño para comer unha froita e beber, continuamos camiño para chegar ao cume da ruta "O COTO DÁ CRUZ" e gozar das súas marabillosas vistas, todo ese traxecto foi subida 3,5km, a partir de aquí toca descender outros 3,5 km pasando pola Granxa e o muiño  restaurado para rematar a nosa camiñata no punto de partida sobre as 12,30h.
As 13h xantamos todos xuntos.
Agradecer a participación de todos nesta andaina, pincipalmente a un grupo de amigos portugueses que viñeron do pais veciño.

18/6/16

CEA DE CARNAVAL 2016

Pasados uns meses do entroidos volvemonos a xuntar todos nun grato encontro para premiarnos cunha cea despois de tanto traballo e esforzo.


4/6/16

LIMPEZA DA RUTA DE SENDERISMO

A CMVMC do Freixo necesitába a colaboración do pobo, de todos sen excepción, para realizar a limpeza da "Ruta do coto da cruz" e a resposta non puido ser mellor, a boa organización e a cooperación da xente fixo que o día resultase extraordinario. Crearonse grupos para as tarefas de limpeza da ruta, do turreiro e do chiringuito. Foi demasiada a cantidade de comida coa que contribuíron as familias, e así unha vez rematados os traballos gozar dun bo xantar.
EXEMPLO DE POBO UNIDO.  GRAZAS A TODOS


                                 

29/5/16

CORPUS 2016

O mal tempo non impediu que na nosa parroquia celebrásese o Corpus como todos os anos, coa súa tradicional alfombra de flores. Debido á ameaza de choiva realizáronse no interior da igrexa. Dar as grazas a todos os que puxeron un pouco do seu tempo, esforzo e entusiasmo, sodes xente marabillosa!!.


15/5/16

VIRXE DO CAMIÑO, MES DE MAIO 2016

Despois de tantos días tristes de choiva e frío hoxe por fin día primaveral para reunirnos cos nosos veciños e conmemorar a festividade da virxe do camiño, cunha misa solemne e procesión ás 13h. acompañada do coro da nosa parroquia.


27/2/16

CEA - LACÓN CON GRELOS 2016

Os homes do pobo reúnense unha vez máis para gozar da súa tradicional cea de lacón con grelos.      (As fotos son cedidas por J. luís)

                                   

18/2/16

A CAUSA DO DESASTRE

A presión dunha bolsa de auga localizada por baixo do camiño que vai á granxa foi a causante do desastre que provocou o derrubamento de terra arrasando todo o que atopaba ao seu paso.


14/2/16

Video desprendemento de terra no Freixo


DESPRENDEMENTO DE TERRA NO FREIXO

Dia triste, abatido para os veciños, pero ao mesmo tempo tranquilo por que non se produciu ningunha desgraza irreparable. Sobre as tres da tarde un ruído estremecedor seguido de cantidade de auga, lodo e pedra baixaba do monte atravesando todo o pobo e levándose por diante todo o que se atopaba no seu camiño.
Nunca se esquecerá este día tan triste.


5/1/16

REIS 2016

As súas Maxestades os Reis Magos xa chegaron cargados de agasallos para todos. Para non cansar os camelos esta vez chegaron en coche oficial, escoltados pola policía municipal. Unha vez que entregaron os agasallos e recuperaron forzas seguiron o seu camiño repartindo ilusión. 


Clima Crecente