22/12/12

ACTUACIÓN DE NADAL EN CRECENTE

O GRUPO MUSICAL NOITE MÁXICA ACTUABA EN CRECENTE E NÓS ACHEGÁMONOS A VELOS. NAS DÚAS HORAS QUE DUROU A ACTUACIÓN DIVERTÍMONOS MOITO, ANIMANDO, CANTADO....

1/12/12

VIAXE MOSTEIRO DE OSEIRA E CELANOVA

Visitamos o mosteiro de Oseira e Celanova xunto coa virxen do cristal en Vilanova dos infantes nun domingo  moi frio, a excursión resultou interesante, podendo destacar o grandioso cocido que houbo para xantar.
  

29/11/12

INAUGURACIÓN DO CHIRINGUITO




Hoxe vernes inauguramos o chiringuito, onde se realizaron varias reformas (lavado e encintado das paredes do exterior,chans, teito, paredes, ventás no interior do centro), todos os veciños quedaron moi satisfeitos co resultado. 
O presidente da diputación Rafael Louzán que foi o promotor dos arranxos, achegouse ao Freixo para acompañarnos neste día no que nos xuntamos para saborear unha marabillosa merenda-cea. 

28/11/12

LIMPEZA NO CHIRINGITO


                            antes                                           agora                                 
Mañá inauguramos o chirnguito por iso hoxe damoslle unha limpeza entre algúns veciños. 


3/11/12

MAGOSTO 2012

Un ano máis celebramos a festa do magosto. Reuniuse case todo o pobo nunha noite agradable, donde comemos chourizos (asados por Marita, Ines e Mariluz), e por suposto as castañas (asadas por Andres, Emilio e Antonio). Para acabar coa festa Antonio tocou unhas pezas co acordeón.  


22/8/12

EMPEDRADO AO REDOR DA IGREXA

 Hoxe rematou o traballo de empedrado que estaban facendo ao redor da igrexa. Este traballo foi feito por Luis, J. Luís, Carlos e Manuel, como podedes ver o resultado é bo.


16/8/12

SITUACIÓN

    O Freixo é unha parroquia que se encontra no concello de Crecente na provincia de Pontevedra. Sitúase na comarca do Paradanta,  nun pequeno val que descende desde o monte do Cruceiro Quebrado e baixa ata o río Miño. 

    Xeralmente conta con 40 veciños aumentado algo os fins de seman.

    É un pobo moi pequeno, no que podemos apreciar un lugar natural extensamente rodeado por bosques de gran beleza paisaxista que invita a gozar da naturaleza, un lugar para desconectar da cidade...só poder descandar....

    A parroquia divídese en varios barrios:
NANE
SOTOMAYOR
O LOMBO
A VIÑA
PAZO
A BARREIRA 
FORNOTILLEIRO
MOLLAPAN 
A GRANXA : é aí onde aconteceu o primeiro enfrontamento victorioso na guerra de independencia contra as tropas francesas de Soult. En febreiro de 1809 iniciouse neste lugar o levantamento que faría retroceder progresivamente as posicións do invasor de Galicia.


  • FESTAS  PATRONAIS:

Celébranse o 16 de agosto en honor a SAN ROQUE.

  •   FESTA DA VIRXE DO CAMIÑO:

Celébrase o 15 de agosto, con unha romaría no

monte onda a capela.


  • FESTA DO CRUCEIRO QUEBRADO:

En xullo celébrase a festa do Cristo dos Aflixidos



O FREIXO VISTO DENDE A VENTÁ DO  ANTIGO MUIÑO

9/6/12

CORPUS 2012

os veciños como cada ano reunímonos para celebrar o CORPUS, facendo  a tipica alfombra. A causa da choiva, a alfombra foi feita na igrexa ante o alta

25/2/12

CARNAVAL 2012

COMPARSA O GALIÑEIRO 

1º PREMIO  OURENSE
1º PREMIO  CELANOVA
UN ACCÉSIT  VIGO



Añadir leyenda
Clima Crecente