22/8/12

EMPEDRADO AO REDOR DA IGREXA

 Hoxe rematou o traballo de empedrado que estaban facendo ao redor da igrexa. Este traballo foi feito por Luis, J. Luís, Carlos e Manuel, como podedes ver o resultado é bo.


16/8/12

SITUACIÓN

    O Freixo é unha parroquia que se encontra no concello de Crecente na provincia de Pontevedra. Sitúase na comarca do Paradanta,  nun pequeno val que descende desde o monte do Cruceiro Quebrado e baixa ata o río Miño. 

    Xeralmente conta con 40 veciños aumentado algo os fins de seman.

    É un pobo moi pequeno, no que podemos apreciar un lugar natural extensamente rodeado por bosques de gran beleza paisaxista que invita a gozar da naturaleza, un lugar para desconectar da cidade...só poder descandar....

    A parroquia divídese en varios barrios:
NANE
SOTOMAYOR
O LOMBO
A VIÑA
PAZO
A BARREIRA 
FORNOTILLEIRO
MOLLAPAN 
A GRANXA : é aí onde aconteceu o primeiro enfrontamento victorioso na guerra de independencia contra as tropas francesas de Soult. En febreiro de 1809 iniciouse neste lugar o levantamento que faría retroceder progresivamente as posicións do invasor de Galicia.


  • FESTAS  PATRONAIS:

Celébranse o 16 de agosto en honor a SAN ROQUE.

  •   FESTA DA VIRXE DO CAMIÑO:

Celébrase o 15 de agosto, con unha romaría no

monte onda a capela.


  • FESTA DO CRUCEIRO QUEBRADO:

En xullo celébrase a festa do Cristo dos Aflixidos



O FREIXO VISTO DENDE A VENTÁ DO  ANTIGO MUIÑO

Clima Crecente