O NOSO FREIXO
Album de fotos
2/11/25
21/9/25
18/8/25
16/8/25
15/8/25
31/7/25
7/7/25
29/6/25
22/6/25
15/6/25
2/3/25
7/1/25
CHOCOLATADA- REIS 2025
Queremos expresar o noso agradecemento por esta marabillosa chocolatada que organizaron na nosa comunidade.Chiringuito, Marisol, Mariluz e Rosa Mª que fixo unhas cestas para sortear ao remate da chocolatada. Grazas veciños
21/12/24
3/11/24
2/11/24
5/10/24
EXCURSIÓN - VILANOVA DE AROUSA E O GROVE
Saímos ás 9 da mañá do Freixo nun día moi chuvioso. A nosa primeira visita foi a Toxa, despois diriximonos ao Grove para disfrutar da festa do marisco. Xantamos no restaurante O lar da avoa de Cambados unha boa paella, xamón asado e xeado de sobremesa, pola tarde fomos a Vilanova de Arousa e visitamos o museo de Valle Inclán, foi unha xornada moi entretida e agradable.
22/9/24
17/8/24
16/8/24
30/6/24
2/6/24
14/3/24
OBRAS NO POBO
18/2/24
"COCIDO" XUNTANZA VECIÑAL
A comunidade da nosa vila reuniuse para gozar dunha festa especial, dun saboroso cocido. A comida serviu para fortalecer a amizade e o compañeirismo entre todos. Despois da comida xogouse ao bingo, facendo que a tarde fose moi divertida. Grazas a todos os que se organizaron e traballaron para que todo fose perfecto.
24/12/23
NADAL 2023
Un grupo de veciños xuntámonos para decorar un pouco o noso pobo (pobo humilde, decoración humilde). Desexámosvos que este Nadal traia moita paz e alegría as vosas casas. Ines, Pichuco, Carlos, M luz Barreira, Elisa, Manolo, M luz, Charo, Kiko, Fatima, Marisol, Maritiña, M Carmen e Martiño.
2/11/23
DIA DE TODOS OS SANTOS 2023
Un día triste de inverno. É a primeira vez que non se celebra misa neste día tan importante na vila. O cemiterio, como todos os anos, está moi decorado con flores en homenaxe aos nosos familiares falecidos.
23/9/23
EXCURSIÓN A MEIS E CAMBADOS
A comunidade de Montes do Freixo coa colaboración da deputación de Pontevedra organizou unha excursión a Meis, onde puidemos visitar o Mosteiro de Armenteira, a ruta da pedra da auga, os muíños do Batán, o Monte do Castro e para rematar unha visita a Cambados.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)







.jpg)






























