2/11/19

MAGOSTO 2019

 Lume, chorizos, castañas e viño para celebrar o tradicional magosto nun día de outono con moi mal tempo que non impediu que nos reunieramos para pasar un intre divertido en boa compañía.

1/11/19

DÍA DE TODOS OS SANTOS

Hoxe día de todos os santos, o noso cemiterio vese fermoso con tantos ramos de flores, ofrendas á memoria de todos os nosos seres queridos nun día triste e chuvioso.

29/10/19

Os VECIÑOS PRESÉNTANSE ANTE A NOVA IMAXE



A capela da virxe do camiño recibe o 16-10-19
unha nova imaxe tallada en pedra de granito
de 120cm de altura e cun peso aproximado de 700 quilos
é unha replica da figura orixinal que está situada
na igrexa do Freixo. A obra foi realizada por
Bruno Comesaña Ledo estudiante da escola
de cantería da Deputación de Pontevedra,
a cal asumiu os traballos de elaboración e instalación da figura.

28/9/19

EXCURSION: RUTAS DAS CAMELIAS 28-9-2019


 Excursión do pobo, visita pola mañá ao PAZO DE LOURIZÁN emblemático edificio que foi residencia de verán de Eugenio Motero Ríos, despois continuamos cara á Estrada para visitar RUTA DÁS MACEIRAS en callobre onde realizamos un percorrido pola plantación de manceiras. Comida no restaurante O Recuncho do Chiado, de tarde visitamos os xardíns do PAZO DÁ OCA que actualmente pertence aos duques de Medinaceli e coñécese como o "Versalles galego" e para terminar disfrutamos dunha degustación de queixos no PAZO DE ANZUXAO. Un bo día de convivencia.

23/8/19

DÍA DO CAN

Día de nenos e non tan nenos, logo de dous días de festa un poquito de relax e de disfrute.


SAN ROQUE 2019


Festa no pobo en honra a San Roque, o noso patrón.Un día de encontro entre familias, veciños e amigos. Pola mañá cedo Julio encárgase de botar fogos para dar comezo ao día grande, a charanga "VAI DE BAILE" ameniza as rúas coa súa música e ás 13 h misa solemne con procesión. De noite actuación dos tríos "TRES. COM" e "AZAR" unha verbena pequena  pero moi divertida.


7/7/19

CRUCEIRO QUEBRADO 2019



Primeiro domingo de xullo,

celebramos a romaría do Santo Cristo dos Aflixidos. 

Día relixioso na capela do Cruceiro Quebrado 

e de xuntanza deleitándose dun xantar

nun lugar privilexiado en plena natureza. 

25/6/19

CORPUS 2019

Día de Corpus con ameaza de choiva, polo tanto tomamos a decisión de realizar as alfombras dentro da capela e como non vai ser só traballar este ano acompañámolo cunha sardiñada.



14/6/19

5ª ANDAINA " RUTA DO COTO DA CRUZ"

5ª ANDAINA  RUTA DO COTO DA CRUZ
dar as grazas a todos os que nos acompañaron este ano. Un día de convivencia para admirar a natureza con xente moi agradable. Esperámosvos para o ano que vén. 

1/6/19

LIMPEZA DO POBO

Tarefas de limpeza no pobo en zonas comúns e ruta de sendeirismo para ter todo en condicións o día da andaina. Todos os veciños colaboran facendo traballos de limpeza ou ben achegando un donativo ou alimentos. Un día de convivencia e traballo.

                           

12/5/19

FATIMA 2019

Día de unión de las parroquias entorno a la Virgen de Fatima en Crecente. Un año más, este es el segundo, que cada parroquia da lo mejor que sabe hacer para embellecer el entorno de la capilla.


9/2/19

LACÓN CON GRELOS 2019


Unha comida galega típica "Lacón con grelos" xunta os veciños da parroquia, foi sempre considerado un día de reunión para os homes, pero este ano como novidade as mulleres uníronse. Un día moi bo para todos. Por moitos anos máis.



Clima Crecente