3/6/17

video - III ANDAINA " RUTA do COTO da CRUZ"

Video - Xantar, III andaina " Ruta do Coto da Cruz"

III ANDAINA " RUTA DO COTO DA CRUZ"

Este sábado tubo lugar a 3ª andaina ao Coto da Cruz, unhas 75 persoas dispostas a camiñar máis de 7,5km xa que este ano incorporouse ao percorrido a visita á Sinada e aos repetidores que en anos anteriores non figuraron na ruta. A concentración foi no turreiro ás 9h e despois dun pequeno almorzo comezou a camiñada ás 9,30h facendo un percorrido circular pasando por Mollapan, Sotomaior, capela do Cruceiro Crebado, Sinada, Santuario da Virxe do Camiño, repetidores, miradoiro do Coto da Cruz, A Granxa, o muiño do Lombo e para rematar concentración outra vez no turreiro onde nos estaban a esperar preto de 40 persoas máis cunha suculenta comida para celebrar un ano máis a ruta.
Clima Crecente