4/7/21

LIMPEZA NO POBO ( 2021)

Hoxe tocou limpeza no pobo (áreas comúns, cemiterio, pistas, manantiales, etc). Para ter coidada a nosa aldea os veciños que non poden realizar os traballos ( xa que son tarefas moi duras) axudan economicamente. Agradecer a todos a súa colaboración, sen deixar de nomear a labor da comunidade de montes. Moi orgullosa de ser veciña deste pobo.

7/6/21

CRPUS CRISTI 2021

Este ano reunímonos para celebrar o Corpus, con todas as medidas necesarias dada a situación na que nos atopamos, dous días de traballo pero contentos de estar todos xuntos facendo un pouco de vida social. Para o ano que vén máis e mellor. Grazas a todos

25/10/20

LIMPEZA DO CEMITERIO 2020

É unha tradición que coa chegada do día de Todos os Santos o cemiterio estea preparado e limpio para que os nosos veciños poidan vir colocar flores e así homenaxear aos seus familiares falecidos dun xeito tan fermoso.

16/9/20

ARRANXOS NA FONTE DO CRUCEIRO QUEBRADO

J.Luis e Antonio fixeron un bo traballo, canalizaron a agua e arrenxaron a fonte do Cruceiro Quebrado. Unha pequeno traballo que era necesario. Grazas os dous.

16/8/20

SAN ROQUE 2020

.   

                                                            


Ano triste de pandemia ,  
algo inusual,
diferente doutros anos
pero honramos ao noso 
patrón San Roque 
da mellor maneira que sabemos, 
con falta de moitas cousas 
pero con devoción e cariño. 

Botamos de menos os anos que pasaron

VIRXE DO CAMIÑO (15-8-2020)

Un ano diferente, insólito, triste, deberíamos estar a celebrar unha festa que nos resulta moi querida para todos os veciños, pero non podemos celebrala como se merece. Agardemos que para o  ano que vén todo cambie e poidamos ter gaiteiros, rosquilleiras, pulpeiras, pementos pola noite, música ... esas pequenas cousas que nos fan felices e que agora non podemos difrutar.

19/7/20

LIMPEZA NO POBO

Limpeza da ruta de sendeirismo e zonas comúns da parroquia, este ano realizouse uns meses máis tarde debido á situación na que nos atopamos este ano ( COVID 19). Día de moita calor 38º e con algunhas incidencias causadas polas velutinas que picaron a Daniel e Ramón, este último tivo que ser ingresado no hospital . A pesar de que se traballo moito, foi un día agradable de convivencia que finalizou cun gran xantar. Agradecemento a todos os veciños que colaboraron dalgunha maneira e en especial á Comunidade de montes e augas.
 

16/2/20

LACÓN CON GRELOS 2020

Hoxe día de degustar un clásico da comida galega, Lacón con grelos propia das datas do entroido. Como sempre preparado polos homes do pobo, detalle que agradecen as mulleres. Así que grazas a todos por preparar esa deliciosa comida en especial a Manolo e Julio tamén á nosa veciña Ines por traer de sobremesa unhas riquísimas orellas de frade.

2/11/19

MAGOSTO 2019

 Lume, chorizos, castañas e viño para celebrar o tradicional magosto nun día de outono con moi mal tempo que non impediu que nos reunieramos para pasar un intre divertido en boa compañía.

1/11/19

DÍA DE TODOS OS SANTOS

Hoxe día de todos os santos, o noso cemiterio vese fermoso con tantos ramos de flores, ofrendas á memoria de todos os nosos seres queridos nun día triste e chuvioso.

29/10/19

Os VECIÑOS PRESÉNTANSE ANTE A NOVA IMAXE



A capela da virxe do camiño recibe o 16-10-19
unha nova imaxe tallada en pedra de granito
de 120cm de altura e cun peso aproximado de 700 quilos
é unha replica da figura orixinal que está situada
na igrexa do Freixo. A obra foi realizada por
Bruno Comesaña Ledo estudiante da escola
de cantería da Deputación de Pontevedra,
a cal asumiu os traballos de elaboración e instalación da figura.

28/9/19

EXCURSION: RUTAS DAS CAMELIAS 28-9-2019


 Excursión do pobo, visita pola mañá ao PAZO DE LOURIZÁN emblemático edificio que foi residencia de verán de Eugenio Motero Ríos, despois continuamos cara á Estrada para visitar RUTA DÁS MACEIRAS en callobre onde realizamos un percorrido pola plantación de manceiras. Comida no restaurante O Recuncho do Chiado, de tarde visitamos os xardíns do PAZO DÁ OCA que actualmente pertence aos duques de Medinaceli e coñécese como o "Versalles galego" e para terminar disfrutamos dunha degustación de queixos no PAZO DE ANZUXAO. Un bo día de convivencia.

23/8/19

DÍA DO CAN

Día de nenos e non tan nenos, logo de dous días de festa un poquito de relax e de disfrute.


SAN ROQUE 2019


Festa no pobo en honra a San Roque, o noso patrón.Un día de encontro entre familias, veciños e amigos. Pola mañá cedo Julio encárgase de botar fogos para dar comezo ao día grande, a charanga "VAI DE BAILE" ameniza as rúas coa súa música e ás 13 h misa solemne con procesión. De noite actuación dos tríos "TRES. COM" e "AZAR" unha verbena pequena  pero moi divertida.


7/7/19

CRUCEIRO QUEBRADO 2019



Primeiro domingo de xullo,

celebramos a romaría do Santo Cristo dos Aflixidos. 

Día relixioso na capela do Cruceiro Quebrado 

e de xuntanza deleitándose dun xantar

nun lugar privilexiado en plena natureza. 

25/6/19

CORPUS 2019

Día de Corpus con ameaza de choiva, polo tanto tomamos a decisión de realizar as alfombras dentro da capela e como non vai ser só traballar este ano acompañámolo cunha sardiñada.



14/6/19

5ª ANDAINA " RUTA DO COTO DA CRUZ"

5ª ANDAINA  RUTA DO COTO DA CRUZ
dar as grazas a todos os que nos acompañaron este ano. Un día de convivencia para admirar a natureza con xente moi agradable. Esperámosvos para o ano que vén. 

1/6/19

LIMPEZA DO POBO

Tarefas de limpeza no pobo en zonas comúns e ruta de sendeirismo para ter todo en condicións o día da andaina. Todos os veciños colaboran facendo traballos de limpeza ou ben achegando un donativo ou alimentos. Un día de convivencia e traballo.

                           

12/5/19

FATIMA 2019

Día de unión de las parroquias entorno a la Virgen de Fatima en Crecente. Un año más, este es el segundo, que cada parroquia da lo mejor que sabe hacer para embellecer el entorno de la capilla.


9/2/19

LACÓN CON GRELOS 2019


Unha comida galega típica "Lacón con grelos" xunta os veciños da parroquia, foi sempre considerado un día de reunión para os homes, pero este ano como novidade as mulleres uníronse. Un día moi bo para todos. Por moitos anos máis.



2/7/18

CRUCEIRO QUEBRADO 2018

Subios ao Cruceiro Crebado a celebrar o día do Cristo dos Aflixidos, con misa ás 13h e procesión. Un día radiante de sol anímonos a comer na arboleda que hai xunto á ermida. Bo día, boa comida e boa compañía.

16/6/18

IV ANDAINA : RUTA COTO DA CRUZ

Saída ás 9,30h. para realizar unha ruta circular duns 7,5km, os 3km primeiros son en sentido ascendente pasado pola capela do Cruceiro Crebado, aldea abandonada da Sinada, capela Virxe do camiño (parada obrigatoria para facer o avituallamiento) rematando a subida no punto principal o mirador do coto da cruz, coas súas  vistas espectaculares. Toca baixar polo barrio da granja e o muiño dos Tarendos para rematar no torreiro punto de inicio. Este ano a comida foi no escampado do Cruceiro Crebado. Grazas aos que colaboraron na organización da ruta e agradecer enormemente a participación de todos os senderistas que nos visitaron este ano.
Fotos de Damaso, J.Luis, Paco y Carlos Almeida

13/6/18

LIMPEZA RUTA DE SENDERISMO 2018

Limpeza da ruta se desnderismo, reunímonos todos ás 8h da mañá para preparar o noso pobo para o dia da ruta. Todos colaboran si non é con traballo é aportando algo como diñeiro ou alimentos para disfrutar da comida unha vez finalizadas as tarefas. GRAZAS A TODOS, PABLO A TI TAMBIEN...



5/6/18

CORPUS CRISTI 2018


Un ano máis cumprindo coa tradición,
día de Corpus "alfombra
floral",
pero esta vez cunha pequena diferenza
utilizouse viruta de serrín
tinguida con colorante en vez de flor natural.

13/5/18

DIA DE FATIMA EN CRECENTE


Dia de Fátima, no seu honor peregrinación das virxes dos pobos colindantes QUINTELA, RIBEIRA e  FREIXO á ermida de CRECENTE. Un día de fraternidade, alegría e amizade onde os veciños das parroquias axudaron a decorar a contorna para a sua celebración. cada pobo tiña unha misión ou encomenda Quintela arco principal, Ribeira decoración da entrada á ermida e Crecente e Freixo elaborar unhas alfombras florales.

25/3/18

Lacón con Grelos 2018

Lacón con grelos é a comida que reúne a 22 homes da nosa parroquia todos os anos para pasar un día entre charlas e risas. (fotos cedidas por J.Luis)

16/2/18

CARNAVAL 2018 - "OS DO FREIXO"

                       5º  VIGO                      
3º premio OURENSE
   4º premio  CARBALLIÑO

5/1/18

Clima Crecente