Día de festa no Cruceiro Quebrado,
en honor ao Santo Cristo dos Aflixidos.
Misa solemne e procesión as 13h,
actuación de Carlos do Viso
"O Cego do Viso" coas súas
cantigas ás 12,30 h, e comida
popular cos nosos veciños
nun dos lugares máis privilixiados
que temos na nosa parroquia.
Por fin chegou o día (II ANDAINA), saímos ás 9;30h desde o turreio ao rededor de 90 persoas aínda que para comer eramos 109, fixemos todo o percorrido con bo tempo 22º de maxima, descanso na Virxe do Camiño para comer unha froita e beber, continuamos camiño para chegar ao cume da ruta "O COTO DÁ CRUZ" e gozar das súas marabillosas vistas, todo ese traxecto foi subida 3,5km, a partir de aquí toca descender outros 3,5 km pasando pola Granxa e o muiño restaurado para rematar a nosa camiñata no punto de partida sobre as 12,30h.
As 13h xantamos todos xuntos.
Agradecer a participación de todos nesta andaina, pincipalmente a un grupo de amigos portugueses que viñeron do pais veciño.
A CMVMC do Freixo necesitába a colaboración do pobo, de todos sen excepción, para realizar a limpeza da "Ruta do coto da cruz" e a resposta non puido ser mellor, a boa organización e a cooperación da xente fixo que o día resultase extraordinario. Crearonse grupos para as tarefas de limpeza da ruta, do turreiro e do chiringuito. Foi demasiada a cantidade de comida coa que contribuíron as familias, e así unha vez rematados os traballos gozar dun bo xantar.
O mal tempo non impediu que na nosa parroquia celebrásese o Corpus como todos os anos, coa súa tradicional alfombra de flores. Debido á ameaza de choiva realizáronse no interior da igrexa. Dar as grazas a todos os que puxeron un pouco do seu tempo, esforzo e entusiasmo, sodes xente marabillosa!!.
Despois de tantos días tristes de choiva e frío hoxe por fin día primaveral para reunirnos cos nosos veciños e conmemorar a festividade da virxe do camiño, cunha misa solemne e procesión ás 13h. acompañada do coro da nosa parroquia.
A presión dunha bolsa de auga localizada por baixo do camiño que vai á granxa foi a causante do desastre que provocou o derrubamento de terra arrasando todo o que atopaba ao seu paso.
Dia triste, abatido para os veciños, pero ao mesmo tempo tranquilo por que non se produciu ningunha desgraza irreparable. Sobre as tres da tarde un ruído estremecedor seguido de cantidade de auga, lodo e pedra baixaba do monte atravesando todo o pobo e levándose por diante todo o que se atopaba no seu camiño.
As súas Maxestades os Reis Magos xa chegaron cargados de agasallos para todos. Para non cansar os camelos esta vez chegaron en coche oficial, escoltados pola policía municipal. Unha vez que entregaron os agasallos e recuperaron forzas seguiron o seu camiño repartindo ilusión.
Inaugurouse a fonte do Cruceiro Quebrado que foi feita polo noso veciño Pablo, coa axuda do seu irmán J. Benito. A nosa gratitude e recoñecemento pablo por ser como es, unha gran persoa que sempre ten presente o noso pobo, esteas onde esteas.
Con tal motivo cociñouse unha enorme paella para unhas 90 persoas, saíu moi pero que moi boa para ser a primeira vez que se fixo, grazas cociñeiros!
16 de agosto festa do patrón, pola mañá pasarúas a cargo da charanga VAI DE BAILE, misa solemne ás 13 h cantada polo coro da parroquia e procesión acompañada pola mesma charanga. Á noite verbena cos trios AZAR e TRES. COM
Noite de pimentada este ano con sorpresa o "DJ OSCAR ". que nos amenizou a noite despois de saborear os mellores pementos de Arnoia. A pesar da chuvia foi unha noite moi alegre e divertida
15 de agosto, empezan as festas na Virxen do camiño coa tradicional romaxe que xunto co día de san Roque adquiren unha importancia moi especial por ser as festividades máis importante do ano para a nosa parroquia, á que habitualmente acoden moitos fregueses de todo o municipio.
( as fotos son de Eva Rodriguez carballo
Este ano a romaxe do Cruceiro Quebrado cámbiase ao segundo domingo de xullo en vez do primeiro, dado que coincidía coas festas de Creciente. A celebración da misa foi ás 13h. seguida pola procesión e todo acompañado polo grupo de gaitas "MUIÑOS DE OLIVEIRA"
Boas sardiñas, bo viño e moi boa compañia , non se pode pedir máis. Recoñecer o esforzo dos que traballaron para que todos puideramos pasar unha noite especial.
A comisión de festas aproveitou este día para poner á venda unhas camisetas e así recadar fondos para a festa
O domingo á mañá colocáronse as primeiras pedras da churrasqueira do pobo, catro veciños foron os encargados de facelo, Antonio, Emilio, Jose Luis e Jiselín.
Seguen os traballos no pobo, este fin de semana toca preparar o sitio para colocar a CHURRASQUEIRA que facilitará o labor dos asadores cando teñamos algunhas lupandas, e a limpeza arredor do tanque da auga.
Festividade do Corpus Christi, poñémonos todos os veciños a traballar para confeccionar as alfombras de flores típicas destas datas. Este ano é algo máis especial pois contamos coa Coral de Crecente que nos acompaña na celebración de misa. Todo un pracer poder os escoitar, grazas.
A COMUNIDADE DE MOSTES DO FREIXO invitou a todos os veciños a unha cea para celebrar a inauguración da ruta de sendeirismo do Coto da Cruz, que se levou a cabo este sábado pola mañá. Touciño entrefebrado, costela, chourizos (todo moi ben asado por certo) , chocolate, roscón e froita fixeron as delicias de todos os comensais.
Só fai falta que alguén poña nunha mensaxe"que vos parece facer unha churascada o venres de semana santa.... apuntarse que organizo", ¡claro esta!..., nós como pobo unido que somos contestamos apuntándonos uns tras outros ata un total de 93 persoas. A cea como sempre saborosa, moi ben feita e a compañía fantástica. Para a próxima paella. Grazas a todos os que traballaron para que todo resultase ben.
Imonos de excursión, esta vez case todo o pobo. Dirixímonos cara a Lalin coa intención de coñecer un pouco máis a nosa provincia, e dende logo o día foi moi aproveitado. Bo día, boa compañía e preciosas paraxes de galicia.
En galicia un prato típico da tempada de inverno é o lacón con grelos, e para non desaproveitar a ocasión os homes do pobo réunense como en anos anteriores para cociñar este prato tan tradicional nas nosas terras.
A Asociación de Mulleres Rurais de Crecente coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa "coñece a túa provincia" deu a posibilidade de visitar parte da bisbarra do salnés a 50 veciños do concello de Crecente no día internacional da muller (8 de marzo). Durante toda a viaxe gozamos dun día primaveral.