10/7/16

CRUCEIRO QUEBRADO 2016


Día de festa no Cruceiro Quebrado,
en honor ao Santo Cristo dos Aflixidos.
Misa solemne e procesión as 13h,
actuación de Carlos do Viso
"O Cego do Viso" coas súas
cantigas ás 12,30 h, e comida
popular cos nosos veciños
nun dos lugares máis privilixiados
que temos na nosa parroquia.


25/6/16

RUTA DO COTO DA CRUZ ( II ANDAINA )


Por fin chegou o día (II ANDAINA), saímos ás 9;30h desde o turreio ao rededor de 90 persoas aínda que para comer eramos 109, fixemos todo o percorrido con bo tempo 22º de maxima, descanso na Virxe do Camiño para comer unha froita e beber, continuamos camiño para chegar ao cume da ruta "O COTO DÁ CRUZ" e gozar das súas marabillosas vistas, todo ese traxecto foi subida 3,5km, a partir de aquí toca descender outros 3,5 km pasando pola Granxa e o muiño  restaurado para rematar a nosa camiñata no punto de partida sobre as 12,30h.
As 13h xantamos todos xuntos.
Agradecer a participación de todos nesta andaina, pincipalmente a un grupo de amigos portugueses que viñeron do pais veciño.

18/6/16

CEA DE CARNAVAL 2016

Pasados uns meses do entroidos volvemonos a xuntar todos nun grato encontro para premiarnos cunha cea despois de tanto traballo e esforzo.


4/6/16

LIMPEZA DA RUTA DE SENDERISMO

A CMVMC do Freixo necesitába a colaboración do pobo, de todos sen excepción, para realizar a limpeza da "Ruta do coto da cruz" e a resposta non puido ser mellor, a boa organización e a cooperación da xente fixo que o día resultase extraordinario. Crearonse grupos para as tarefas de limpeza da ruta, do turreiro e do chiringuito. Foi demasiada a cantidade de comida coa que contribuíron as familias, e así unha vez rematados os traballos gozar dun bo xantar.
EXEMPLO DE POBO UNIDO.  GRAZAS A TODOS


                                 

29/5/16

CORPUS 2016

O mal tempo non impediu que na nosa parroquia celebrásese o Corpus como todos os anos, coa súa tradicional alfombra de flores. Debido á ameaza de choiva realizáronse no interior da igrexa. Dar as grazas a todos os que puxeron un pouco do seu tempo, esforzo e entusiasmo, sodes xente marabillosa!!.


15/5/16

VIRXE DO CAMIÑO, MES DE MAIO 2016

Despois de tantos días tristes de choiva e frío hoxe por fin día primaveral para reunirnos cos nosos veciños e conmemorar a festividade da virxe do camiño, cunha misa solemne e procesión ás 13h. acompañada do coro da nosa parroquia.


27/2/16

CEA - LACÓN CON GRELOS 2016

Os homes do pobo reúnense unha vez máis para gozar da súa tradicional cea de lacón con grelos.      (As fotos son cedidas por J. luís)

                                   

18/2/16

A CAUSA DO DESASTRE

A presión dunha bolsa de auga localizada por baixo do camiño que vai á granxa foi a causante do desastre que provocou o derrubamento de terra arrasando todo o que atopaba ao seu paso.


14/2/16

Video desprendemento de terra no Freixo


DESPRENDEMENTO DE TERRA NO FREIXO

Dia triste, abatido para os veciños, pero ao mesmo tempo tranquilo por que non se produciu ningunha desgraza irreparable. Sobre as tres da tarde un ruído estremecedor seguido de cantidade de auga, lodo e pedra baixaba do monte atravesando todo o pobo e levándose por diante todo o que se atopaba no seu camiño.
Nunca se esquecerá este día tan triste.


5/1/16

REIS 2016

As súas Maxestades os Reis Magos xa chegaron cargados de agasallos para todos. Para non cansar os camelos esta vez chegaron en coche oficial, escoltados pola policía municipal. Unha vez que entregaron os agasallos e recuperaron forzas seguiron o seu camiño repartindo ilusión. 


18/10/15

EXCURSIÓN A COMBARRO

Organizouse unha excursión a Combarro dentro do programa "COÑECE A TUA PROVINCIA" coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.


29/8/15

INAUGURACIÓN FONTE CRUCEIRO



Inaugurouse a fonte do Cruceiro Quebrado que foi feita polo noso veciño Pablo, coa axuda do seu irmán J. Benito. A nosa gratitude e recoñecemento pablo por ser como es, unha gran persoa que sempre ten presente o noso pobo, esteas onde esteas.
Con tal motivo cociñouse unha enorme paella para unhas 90 persoas, saíu moi pero que moi boa para ser a primeira vez que se fixo, grazas cociñeiros!

16/8/15

FESTA DO SAN ROQUE 2015



16 de agosto festa do patrón, pola mañá pasarúas a cargo da charanga VAI DE BAILE, misa solemne ás 13 h cantada polo coro da parroquia e procesión acompañada pola mesma charanga. Á noite verbena cos trios AZAR e TRES. COM                         

SAN ROQUE - VIRXE DO CAMIÑO

15/8/15

PIMENTADA 2015

Noite de pimentada este ano con sorpresa o "DJ OSCAR ". que nos amenizou a noite despois de saborear os mellores pementos de Arnoia. A pesar da chuvia foi unha noite moi alegre e divertida

ROMERÍA VIRXE DO CAMIÑO 2015

15 de agosto, empezan as festas na Virxen do camiño coa tradicional romaxe que xunto co día de san Roque adquiren unha importancia moi especial  por ser as festividades máis importante do ano para a nosa parroquia, á que habitualmente acoden moitos fregueses de todo o municipio.
( as fotos son de Eva Rodriguez carballo



12/7/15

CRUCEIRO QUEBRADO 2015

Este ano a romaxe do Cruceiro Quebrado cámbiase ao segundo domingo de xullo en vez do primeiro, dado que coincidía coas festas de Creciente. A celebración da misa foi ás 13h. seguida pola procesión e todo acompañado polo grupo de gaitas "MUIÑOS DE OLIVEIRA"

11/7/15

SARDIÑADA 2015


Boas sardiñas, bo viño e moi boa compañia , non se pode pedir máis. Recoñecer o esforzo dos que traballaron para que todos puideramos pasar unha  noite especial. 
A comisión de festas aproveitou este día para poner á venda unhas camisetas e así  recadar fondos para a festa

5/7/15

CHURRASQUEIRA (III)

A churrasqueira esta rematada e lista para estrear o sábado cunha boa sardiñada. Dar as grazas a todos os que colaboraron.

27/6/15

CHURRAQUEIRA II (primeiras pedras)

O domingo á mañá colocáronse as primeiras pedras da churrasqueira do pobo, catro veciños foron os encargados de facelo, Antonio, Emilio, Jose Luis e Jiselín.


20/6/15

PREPARANDO O SITIO PARA A CHURRASQUEIRA DO POBO

Seguen os traballos no pobo, este fin de semana toca preparar o sitio para colocar a CHURRASQUEIRA que facilitará o labor dos asadores cando teñamos algunhas lupandas, e a limpeza arredor do tanque da auga.

    

13/6/15

LIMPEZA NA ZONA DO CEMITERIO


Este sábado realizouse unha limpeza pola zona do cemiterio. Grazas aos voluntarios que puxeron o seu tempo e esforzo.

7/6/15

CORPUS 2015


Festividade do Corpus Christi, poñémonos todos os veciños a traballar para confeccionar as alfombras de flores típicas destas datas. Este ano é algo máis especial pois contamos coa Coral de Crecente que nos acompaña na celebración de misa. Todo un pracer poder os escoitar, grazas.

24/5/15

VIRXE DO CAMIÑO MES DE MAIO 2015

Celebración da Virxe do Camiño no mes de maio,
con misa solemne e procesión ás 13 h.
A pesar de ser moi concurrida nesta data non se reúne tanta xente como no mes de agosto.









19/5/15

CEA INAUGURACIÓN RUTA DO COTO DA CRUZ

A COMUNIDADE DE MOSTES DO FREIXO invitou a todos os veciños a unha cea para celebrar a inauguración da ruta de sendeirismo do Coto da Cruz, que se levou a cabo este sábado pola mañá. Touciño entrefebrado, costela, chourizos (todo moi ben asado por certo) , chocolate, roscón e froita fixeron as delicias de todos os comensais.

INAUGURACIÓN DA RUTA DE SENDEIRISMO

RUTA DO COTO DA CRUZ, homologada pola Federación Galega de Montañismo é unha ruta circular de 7 km de percorrido de difilcultade media 


4/4/15

CHURRASCADA

Só fai falta que alguén poña nunha mensaxe "que vos parece facer unha churascada o venres de semana santa.... apuntarse que organizo", ¡claro esta!..., nós como pobo unido que somos contestamos apuntándonos uns tras outros ata un total de 93 persoas. A cea como sempre saborosa, moi ben feita e a compañía fantástica. Para a próxima paella. Grazas a todos os que traballaron para que todo resultase ben.

22/3/15

EXCURSIÓN: LALIN, CASA DO PATRÓN, , CONJUNTO NATURAL ETNOGRÁFICO DE GODESADA, PASEO FLUBIAL CODESADA, MOSTEIRO DE SAN LORENZO DE CARBOEIRO, FERVENZA DO TOXA

Imonos de excursión, esta vez case todo o pobo. Dirixímonos cara a Lalin coa intención de coñecer un pouco máis a nosa provincia, e dende logo o día foi moi aproveitado. Bo día, boa compañía e preciosas paraxes de galicia.


14/3/15

LACÓN CON GRELOS 2015

   
     En galicia un prato típico da tempada de inverno é o lacón con grelos, e para non desaproveitar a ocasión os homes do pobo réunense como en anos anteriores para cociñar este prato tan tradicional nas nosas terras.                                                                                                     


                           

8/3/15

EXCURSIÓN: VILAGARCIA, VILANOVA E ILLA DE AROUSA

A Asociación de Mulleres Rurais de Crecente coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa "coñece a túa provincia" deu a posibilidade de visitar parte da bisbarra do salnés a 50 veciños do concello de Crecente no día internacional da muller (8 de marzo). Durante toda a viaxe gozamos dun día primaveral.


7/3/15

CARNAVALES MACEIRA - COVELO

Rematamos este ano os carnavais en Maceira -Coveo,  foi un día divertido onde todos bailamos e gozamos da festa. Recibimos 200 € por participar e dous diplomas "invasión dos bichos" ao máis elegante e  "reciclaxe" ao máis creativo.


28/2/15

ENTERRO DA ARAÑA E DO DRAGÓN

UNHA VEZ REMATADOS OS CARNAVAIS TOCA RECOLLER E LIMPAR O CHIRINGITO. ATA O PRÓXIMO... AGORA A DESCANSAR...
FIXÉMOLO COA QUEIMA DA ARAÑA E DO DRAGÓN E COMO NON, CUNHA CEA NAS SÚAS HONRAS.

Clima Crecente