29/8/15

INAUGURACIÓN FONTE CRUCEIRO



Inaugurouse a fonte do Cruceiro Quebrado que foi feita polo noso veciño Pablo, coa axuda do seu irmán J. Benito. A nosa gratitude e recoñecemento pablo por ser como es, unha gran persoa que sempre ten presente o noso pobo, esteas onde esteas.
Con tal motivo cociñouse unha enorme paella para unhas 90 persoas, saíu moi pero que moi boa para ser a primeira vez que se fixo, grazas cociñeiros!

16/8/15

FESTA DO SAN ROQUE 2015



16 de agosto festa do patrón, pola mañá pasarúas a cargo da charanga VAI DE BAILE, misa solemne ás 13 h cantada polo coro da parroquia e procesión acompañada pola mesma charanga. Á noite verbena cos trios AZAR e TRES. COM                         

SAN ROQUE - VIRXE DO CAMIÑO

15/8/15

PIMENTADA 2015

Noite de pimentada este ano con sorpresa o "DJ OSCAR ". que nos amenizou a noite despois de saborear os mellores pementos de Arnoia. A pesar da chuvia foi unha noite moi alegre e divertida

ROMERÍA VIRXE DO CAMIÑO 2015

15 de agosto, empezan as festas na Virxen do camiño coa tradicional romaxe que xunto co día de san Roque adquiren unha importancia moi especial  por ser as festividades máis importante do ano para a nosa parroquia, á que habitualmente acoden moitos fregueses de todo o municipio.
( as fotos son de Eva Rodriguez carballo



12/7/15

CRUCEIRO QUEBRADO 2015

Este ano a romaxe do Cruceiro Quebrado cámbiase ao segundo domingo de xullo en vez do primeiro, dado que coincidía coas festas de Creciente. A celebración da misa foi ás 13h. seguida pola procesión e todo acompañado polo grupo de gaitas "MUIÑOS DE OLIVEIRA"

11/7/15

SARDIÑADA 2015


Boas sardiñas, bo viño e moi boa compañia , non se pode pedir máis. Recoñecer o esforzo dos que traballaron para que todos puideramos pasar unha  noite especial. 
A comisión de festas aproveitou este día para poner á venda unhas camisetas e así  recadar fondos para a festa

5/7/15

CHURRASQUEIRA (III)

A churrasqueira esta rematada e lista para estrear o sábado cunha boa sardiñada. Dar as grazas a todos os que colaboraron.

27/6/15

CHURRAQUEIRA II (primeiras pedras)

O domingo á mañá colocáronse as primeiras pedras da churrasqueira do pobo, catro veciños foron os encargados de facelo, Antonio, Emilio, Jose Luis e Jiselín.


20/6/15

PREPARANDO O SITIO PARA A CHURRASQUEIRA DO POBO

Seguen os traballos no pobo, este fin de semana toca preparar o sitio para colocar a CHURRASQUEIRA que facilitará o labor dos asadores cando teñamos algunhas lupandas, e a limpeza arredor do tanque da auga.

    

13/6/15

LIMPEZA NA ZONA DO CEMITERIO


Este sábado realizouse unha limpeza pola zona do cemiterio. Grazas aos voluntarios que puxeron o seu tempo e esforzo.

7/6/15

CORPUS 2015


Festividade do Corpus Christi, poñémonos todos os veciños a traballar para confeccionar as alfombras de flores típicas destas datas. Este ano é algo máis especial pois contamos coa Coral de Crecente que nos acompaña na celebración de misa. Todo un pracer poder os escoitar, grazas.

24/5/15

VIRXE DO CAMIÑO MES DE MAIO 2015

Celebración da Virxe do Camiño no mes de maio,
con misa solemne e procesión ás 13 h.
A pesar de ser moi concurrida nesta data non se reúne tanta xente como no mes de agosto.









19/5/15

CEA INAUGURACIÓN RUTA DO COTO DA CRUZ

A COMUNIDADE DE MOSTES DO FREIXO invitou a todos os veciños a unha cea para celebrar a inauguración da ruta de sendeirismo do Coto da Cruz, que se levou a cabo este sábado pola mañá. Touciño entrefebrado, costela, chourizos (todo moi ben asado por certo) , chocolate, roscón e froita fixeron as delicias de todos os comensais.

INAUGURACIÓN DA RUTA DE SENDEIRISMO

RUTA DO COTO DA CRUZ, homologada pola Federación Galega de Montañismo é unha ruta circular de 7 km de percorrido de difilcultade media 


4/4/15

CHURRASCADA

Só fai falta que alguén poña nunha mensaxe "que vos parece facer unha churascada o venres de semana santa.... apuntarse que organizo", ¡claro esta!..., nós como pobo unido que somos contestamos apuntándonos uns tras outros ata un total de 93 persoas. A cea como sempre saborosa, moi ben feita e a compañía fantástica. Para a próxima paella. Grazas a todos os que traballaron para que todo resultase ben.

22/3/15

EXCURSIÓN: LALIN, CASA DO PATRÓN, , CONJUNTO NATURAL ETNOGRÁFICO DE GODESADA, PASEO FLUBIAL CODESADA, MOSTEIRO DE SAN LORENZO DE CARBOEIRO, FERVENZA DO TOXA

Imonos de excursión, esta vez case todo o pobo. Dirixímonos cara a Lalin coa intención de coñecer un pouco máis a nosa provincia, e dende logo o día foi moi aproveitado. Bo día, boa compañía e preciosas paraxes de galicia.


14/3/15

LACÓN CON GRELOS 2015

   
     En galicia un prato típico da tempada de inverno é o lacón con grelos, e para non desaproveitar a ocasión os homes do pobo réunense como en anos anteriores para cociñar este prato tan tradicional nas nosas terras.                                                                                                     


                           

8/3/15

EXCURSIÓN: VILAGARCIA, VILANOVA E ILLA DE AROUSA

A Asociación de Mulleres Rurais de Crecente coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa "coñece a túa provincia" deu a posibilidade de visitar parte da bisbarra do salnés a 50 veciños do concello de Crecente no día internacional da muller (8 de marzo). Durante toda a viaxe gozamos dun día primaveral.


7/3/15

CARNAVALES MACEIRA - COVELO

Rematamos este ano os carnavais en Maceira -Coveo,  foi un día divertido onde todos bailamos e gozamos da festa. Recibimos 200 € por participar e dous diplomas "invasión dos bichos" ao máis elegante e  "reciclaxe" ao máis creativo.


28/2/15

ENTERRO DA ARAÑA E DO DRAGÓN

UNHA VEZ REMATADOS OS CARNAVAIS TOCA RECOLLER E LIMPAR O CHIRINGITO. ATA O PRÓXIMO... AGORA A DESCANSAR...
FIXÉMOLO COA QUEIMA DA ARAÑA E DO DRAGÓN E COMO NON, CUNHA CEA NAS SÚAS HONRAS.

22/2/15

CARNAVAL 2015 "INVASIÓN DOS BECHOS"

Los trajes de este año están hechos con tela mosquitera, metálica, galvanizada.
Los bichos con latas de refrescos, bombillas recicladas y aislante térmico metalizado.


2º PREMIO EN OURENSE
4º PREMIO EN CARBALLIÑO
ACCÉSIT 500 € VIGO

5/1/15

REIS 2015


Os Reis Magos de Oriente visitaron o Freixo, chegaron cargados de caramelos e regalos para repartir entre todos aqueles que se portaron ben. O chiringuito invitou os seus veciños a unha gran merenda que compartimos coas súas maxestades e todo o seu séquito.



3/11/14

MAGOSTO 2014

Con la llegada del otoño celebramos la fiesta del magosto el día 1 de noviembre. Castañas asada acompañadas de unos riquísimos chorizos hicieron las delicias de unas ochenta personas. Todo estaba tan bueno que no sobro nada. Gracias a los vecinos que trabajaron para que todos los demás lo disfrutáramos.


16/8/14

SAN ROQUE 2014

Hoy 16 de agosto vivimos la festividad de nuestro patrón San Roque, por la mañana misa solemne con procesión a las 13 h. acompañada por el grupo de gaitas "Os Muiños de Oliveira" que también ameniza la sesión vermut. Por la noche verbena con los tríos "SENSACIÓN" Y "TRES.CON"  (trío que nos acompaña todos los años)

15/8/14

ROMERÍA VIRGEN DEL CAMINO Y PIMIENTADA 2014

Hoy 15 de agosto día de la Virgen, se celebró una con misa solemne al aire libre y procesión en el monte de la Virgen del Camino reuniendo gran cantidad visitantes y vecinos del municipio.


6/7/14

28/6/14

SARDIÑADA - SAN JUAN 2014

Por primeira vez no freixo celebramos a tradicional sardinada popular de san Juan, foi este sábado para que puidesen estar a maioría dos veciños. Non tivemos cacharela por non contar con permiso, foi unha pena pois resultaría divertido. Dar as grazas a esa xente que traballou tanto para que todo estivese a punto. As sardiñas como a empanada, pan, chocolate e roscón todo moi bo. Botamos de menos algunha xente que non puido estar (Manolo e Mariluz), gardámosvos algunhas sardiñas.

os traballadores

22/6/14

CORPUS 2014

Como en años anteriores celebramos este domingo la festividad del Corpus Christi. Este año por miedo a la tormenta la alfombra floral lucio dentro de la iglesia, delante del altar.
Gracias a todos los vecinos por su colaboración.



15/6/14

VIAJE A PUERTO DE MARIN, ESCUELA NAVAL MILITAR, CARRIL Y CATOIRA (14-6-14


PUERTO DE MARÍN.
Nuestra primera visista fue al  puerto, donde nos recibió D. José Benito Suárez Costa, presidente de la Autoridad Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra, acompañándonos a lo largo de la mañana por todas las instalaciones explicando con todo detalle el funcionamiento del puerto de Marín. Estamos encantados por el buen recibimiento que hemos tenido y muy agradecidos por su hospitalidad.

1/6/14

VIAJE: PARQUE BUDDHA EDEN , OBIDOS,ALCOBAÇA, NAZARE Y COSTA NOVA


Nuestra primera visita fue a los jardines de BUDD HA EDEN en Bombarral, situados a 72 km de Lisboa. su creador es Jose Berardo uno de los hombres más ricos de Portugal, en homenaje a la destrucción de los Budas gigantes de Bamiyan (Afganistan) por los talibanes. Con cerca de 35 hectáreas este jardín dedicado a Buda es un lugar de meditación y de paz.

5/1/14

DIA DE REIS 2014

Visitáronnos os reis magos acompañados dos seus paxes un ano máis, debido ao mal tempo (un día de moita chuvia e vento) en vez de camelos utilizaron coches.
As súas maxestades de Oriente cumpriron co seu labor que era traer regalos a todos.



2/11/13

MAGOSTO 2013

Hoxe sábado celebramos a tradicional festa do outono " O MAGOSTO" con castañas asadas, chourizos e viño, isto todo amenizado con boa musica fixeron as delicias de todos os veciños.
Agradecemos a Carlos, Antonio, M luz, Ines e Marita a súa colaboración


21/9/13

VIAJE TUI, SANTA TECLA Y LA GUARDIA


Tuvimos la oportunidad de visitar TUI, SANTA TECLA Y LA GUARDIA, gracias al programa "coñece a túa provincia" que nos ofreció la Diputación Provincial de Pontevedra, con la colaboración de las Mujeres Rurales de Creciente.

Clima Crecente