12/5/13

VIAJE SEGOVIA - AVILA


SEGOVIA


Visitamos as cidades de SEGOVIA e AVILA, nunha excursión organizada pola asociación de mulleres rurais de CRECENTE, foi unha viaxe moi completa, na que ademaís de gozar das súas rúas, contemplamos monumentos, palacios, igrexas,etc... na compañia dun grupo de xente marabillosa.


21/4/13

RUTA:COTO DA CRUZ - SINADA

Un dos sitios con mais vistas do FREIXO podemos dicir que é COTO DA CRUZ, situado na VIRXE DO CAMIÑO. O acceso ao sitio é algo complicado, pero ao chegar encontrámonos cun miradoiro recén feito, que fai as delicias de todos os que o visitan pola súa espectacular paisaxe.



30/3/13

SEMANA SANTA 2013

O sábado a noite celebramos a resurreción de Xesús,  participando na bendición do lume, auga e cirio pascal. Unha vez terminada a celebración reunimos no chiringuito para tomar chocolate e rosca de pascua, invitación do sr.cura.


17/3/13

CEA - LACÓN CON GRELOS


Dende hai algúns anos os homes do Freixo réunense para disfrutar da súa tradicional cea de "LACON CON GRELOS"
Cea só para homes, cociñada por eles mesmos no Chiringuito.



16/2/13

CARNAVAL 2013

COMPARSA

CATRO FOLLAS

PREMISOS

 DESEÑO Á CARROZA - OURENSE
3º PREMIO - CARBALLIÑO
3ª PREMIO - CELANOVA
ACCÉSIT 500€ - VIGO



7/2/13

PREPARANDO O ESTROIDO 2013

Chegou o estroido e xa estamos preparados.
e hora de gozar, bailar, e de ensinar o noso traballo, o que foron dedicadas moitas horas todos os fins de semana dende o mes de outubro.

Dende aquí dar as grazas a todos os compoñentes da comparsa:
JULITO, YAGO,ADRIAN, IRIA, PAULA, NEREA, LIA, UXÍA, YURENA, RO, ALBA, PAULA, LORENA, VERONICA, ROSA PONTEAREAS, OLIVIA, BELEN, MERCHE, ROSA DA RIBEIRA, FELI, EVA, Mº LUZ, Mº CARMEN, Mª SOL, PILAR, TERE, ROSA DE NANE, CONCHA, ROSA DE MOLLAPAN, Mª LUZ DA BARREIRA, INES, SERGIO, J CARLOS, CARLOS, MANOLO, MILUCHO, ANTONIO, EMILIO,     PICHUCO, JULIO, ROSA Mª, ARSILIA, LEONISA, MARITA, ROSA DO MARIÑO, ANTONIO MARIÑO.

QUE DISFRUTEDES DO ENTROIDO!!!


6/1/13

REIS 2013



Coma todos os anos reunimonos para recibir ás súas maxestades os reis magos, que chegaron cargados de presentes para todos.
Cansados pola longa viaxe acompañaronnos a gozar dunha gran merenda convite do chiringuito.


os nenos do Freixo


22/12/12

ACTUACIÓN DE NADAL EN CRECENTE

O GRUPO MUSICAL NOITE MÁXICA ACTUABA EN CRECENTE E NÓS ACHEGÁMONOS A VELOS. NAS DÚAS HORAS QUE DUROU A ACTUACIÓN DIVERTÍMONOS MOITO, ANIMANDO, CANTADO....

1/12/12

VIAXE MOSTEIRO DE OSEIRA E CELANOVA

Visitamos o mosteiro de Oseira e Celanova xunto coa virxen do cristal en Vilanova dos infantes nun domingo  moi frio, a excursión resultou interesante, podendo destacar o grandioso cocido que houbo para xantar.
  

29/11/12

INAUGURACIÓN DO CHIRINGUITO




Hoxe vernes inauguramos o chiringuito, onde se realizaron varias reformas (lavado e encintado das paredes do exterior,chans, teito, paredes, ventás no interior do centro), todos os veciños quedaron moi satisfeitos co resultado. 
O presidente da diputación Rafael Louzán que foi o promotor dos arranxos, achegouse ao Freixo para acompañarnos neste día no que nos xuntamos para saborear unha marabillosa merenda-cea. 

28/11/12

LIMPEZA NO CHIRINGITO


                            antes                                           agora                                 
Mañá inauguramos o chirnguito por iso hoxe damoslle unha limpeza entre algúns veciños. 


3/11/12

MAGOSTO 2012

Un ano máis celebramos a festa do magosto. Reuniuse case todo o pobo nunha noite agradable, donde comemos chourizos (asados por Marita, Ines e Mariluz), e por suposto as castañas (asadas por Andres, Emilio e Antonio). Para acabar coa festa Antonio tocou unhas pezas co acordeón.  


22/8/12

EMPEDRADO AO REDOR DA IGREXA

 Hoxe rematou o traballo de empedrado que estaban facendo ao redor da igrexa. Este traballo foi feito por Luis, J. Luís, Carlos e Manuel, como podedes ver o resultado é bo.


16/8/12

SITUACIÓN

    O Freixo é unha parroquia que se encontra no concello de Crecente na provincia de Pontevedra. Sitúase na comarca do Paradanta,  nun pequeno val que descende desde o monte do Cruceiro Quebrado e baixa ata o río Miño. 

    Xeralmente conta con 40 veciños aumentado algo os fins de seman.

    É un pobo moi pequeno, no que podemos apreciar un lugar natural extensamente rodeado por bosques de gran beleza paisaxista que invita a gozar da naturaleza, un lugar para desconectar da cidade...só poder descandar....

    A parroquia divídese en varios barrios:
NANE
SOTOMAYOR
O LOMBO
A VIÑA
PAZO
A BARREIRA 
FORNOTILLEIRO
MOLLAPAN 
A GRANXA : é aí onde aconteceu o primeiro enfrontamento victorioso na guerra de independencia contra as tropas francesas de Soult. En febreiro de 1809 iniciouse neste lugar o levantamento que faría retroceder progresivamente as posicións do invasor de Galicia.


  • FESTAS  PATRONAIS:

Celébranse o 16 de agosto en honor a SAN ROQUE.

  •   FESTA DA VIRXE DO CAMIÑO:

Celébrase o 15 de agosto, con unha romaría no

monte onda a capela.


  • FESTA DO CRUCEIRO QUEBRADO:

En xullo celébrase a festa do Cristo dos Aflixidos



O FREIXO VISTO DENDE A VENTÁ DO  ANTIGO MUIÑO

9/6/12

CORPUS 2012

os veciños como cada ano reunímonos para celebrar o CORPUS, facendo  a tipica alfombra. A causa da choiva, a alfombra foi feita na igrexa ante o alta

25/2/12

CARNAVAL 2012

COMPARSA O GALIÑEIRO 

1º PREMIO  OURENSE
1º PREMIO  CELANOVA
UN ACCÉSIT  VIGO



Añadir leyenda

5/1/11

REIS 2011

o chiringuito invita os veciños á merenda de reis, para coller forzas á hora de recibir os regalos mentres se espera polas súas maxestades




22/2/09

CARNAVAL 2009

COMPARSA ELFOS
6º PREMIO NO CARBALLIÑO
1 PREMIO ESPECIAL

a proba na noite do sábado, con chocolate quente para rematar

7/6/98

CORPUS 1998

Este ano celebramos o CORPUS dun xeito diferente  facendo as tradicionais alfombras, (debuxados por Paco de Mollapan). Todo un reto para nós



Clima Crecente