Un ano máis celebramos a festa do magosto. Reuniuse case todo o pobo nunha noite agradable, donde comemos chourizos (asados por Marita, Ines e Mariluz), e por suposto as castañas (asadas por Andres, Emilio e Antonio). Para acabar coa festa Antonio tocou unhas pezas co acordeón.
Hoxe rematou o traballo de empedrado que estaban facendo ao redor da igrexa. Este traballo foi feito por Luis, J. Luís, Carlos e Manuel, como podedes ver o resultado é bo.
O Freixo é unha parroquia que se encontra no concello de Crecente na provincia de Pontevedra. Sitúase na comarca do Paradanta, nun pequeno val que descende desde o monte do Cruceiro Quebrado e baixa ata o río Miño. Xeralmente conta con 40 veciños aumentado algo os fins de seman.
É un pobo moi pequeno, no que podemos apreciar un lugar natural extensamente rodeado por bosques de gran beleza paisaxista que invita a gozar da naturaleza, un lugar para desconectar da cidade...só poder descandar.... A parroquia divídese en varios barrios: NANE SOTOMAYOR O LOMBO A VIÑA PAZO A BARREIRA FORNOTILLEIRO MOLLAPAN A GRANXA : é aí onde aconteceu o primeiro enfrontamento victorioso na guerra de independencia contra as tropas francesas de Soult. En febreiro de 1809 iniciouse neste lugar o levantamento que faría retroceder progresivamente as posicións do invasor de Galicia.
FESTAS PATRONAIS:
Celébranse o 16 de agosto en honor a SAN ROQUE.
FESTA DA VIRXE DO CAMIÑO:
Celébrase o 15 de agosto, con unha romaría no monte onda a capela.
FESTA DO CRUCEIRO QUEBRADO:
En xullo celébrase a festa do Cristo dos Aflixidos