14/3/24

OBRAS NO POBO

 Realizaronsé obras de asfaltado na pista que vai de Lombo a Mollapan, traballo que era necesario porque estaba en moi mal estado. Desexamos que siga así moitos anos.
Lombo

18/2/24

"COCIDO" XUNTANZA VECIÑAL

A comunidade da nosa vila reuniuse para gozar dunha festa especial, dun saboroso cocido. A comida serviu para fortalecer a amizade e o compañeirismo entre todos. Despois da comida xogouse ao bingo, facendo que a tarde fose moi divertida. Grazas a todos os que se organizaron e traballaron para que todo fose perfecto.

24/12/23

NADAL 2023

Un grupo de veciños xuntámonos para decorar un pouco o noso pobo (pobo humilde, decoración humilde). Desexámosvos que este Nadal traia moita paz e alegría as vosas casas. Ines, Pichuco, Carlos, M luz Barreira, Elisa, Manolo, M luz, Charo, Kiko, Fatima, Marisol, Maritiña, M Carmen e Martiño.
 




















2/11/23

DIA DE TODOS OS SANTOS 2023

Un día triste de inverno. É a primeira vez que non se celebra misa neste día tan importante na vila. O cemiterio, como todos os anos, está moi decorado con flores en homenaxe aos nosos familiares falecidos.

23/9/23

EXCURSIÓN A MEIS E CAMBADOS

A comunidade de Montes do Freixo coa colaboración da deputación de Pontevedra organizou unha excursión a Meis, onde puidemos visitar o Mosteiro de Armenteira, a ruta da pedra da auga, os muíños do Batán, o Monte do Castro e para rematar unha visita a Cambados.

28/8/23

ESCURSIÓN ÁS ILLAS CIES

A  Comunidade de Montes do Freixo coa colaboración da Deputación de Pontevedra onganizaron unha excursión ás Illas Cies. O bo tempo o lugar paradisíaco e a boa compañia fixeron que o día fose espectacular. 

18/8/23

DIA DO CAN 2023

Un día de festa tranquilo para a xente do pobo. Misa as 13h con procesión e pola noite queimada e a charanga VAI de BAILE. 


17/8/23

SAN ROQUE 2023


Día de San Roque, o noso patrón, misa solemne ás 13.00 horas con procesión acompañada pola charanga VAI DE BAILE e pola noite vervena cos tríos AZAR e KARMA.

15/8/23

ROMARÍA VIRXEN DO CAMIÑO 2023

Trátase dunha romaría campestre que atrae a moitos veciños das localidades da contorna, uns por motivos relixiosos na que se celebra unha misa e sácase o santo en procesión e outros só para pasar un agradable día con amigos e familiares degustando un bo polbo, empanada, rosquillas e todo animado . por un grupo de gaitas

                                

PIMENTADA 2023

13/8/23

6ª ADAINA "RUTA COTO DA CRUZ"

Despois duns anos de inactividade, hoxe retomamos a nosa ruta anual coa posibilidade de facer exercicio ao aire libre a través de impresionantes pasaxes rodeados de natureza e para rematar unha sabrosa comida no souto da capela do Cruceiro Quebrado. 

25/6/23

LIMPEZA NO POBO


Hoxe día de San Xoan realizasé a limpeza anual na vila. Agradecer aos veciños a súa participación, grazas á súa colaboración o noso pobo vese máis limpo e bonito, foi un xesto de solidariedade e compromiso.

6/11/22

A DESPEDIDA DE JOSE ( Párroco do Freixo)

Para o Freixo foi un bo cura,
pero sobre todo un bo amigo,
unha persoa que colaborou 
en todos os traballos 
e actividades que se realizaron 
no pobo. 
Vaise unha persoa moi querida.
Grazas por todo, 
Boa sorte na nova etapa da túa vida.



2/11/22

DIA DE TODOS OS SANTOS

Este martes 1 de novembro a igrexa celebra a festa de todos os santos, ese día é para honrar a memoria dos nosos familiares falecidos, decorando con flores os cemiterios.


17/8/22

SAN ROQUE 2022

   

Dia grande no pobo en honor a San Roque, con misa solemne as 13h, sen procesión por mor das choivas. San Roque escoitou as oracións de todos desexando a choiva nun verán moi caluroso e seco. A noite vervena amenizada polo trio XTRA e o dúo D,VICIO.

26/6/22

LIMPEZA NO POBO


Hoxe fíxose a limpeza anual na nosa aldea (zonas comúns), manantiais, cemiterio, parque, chiringuito, turreiro, muiño, etc..traballouse moito pero é necesario para que non teñamos un pobo abandonado. Grazas a todos os que participaron.

21/6/22

CORPUS 2022

Celebración do Corpus Christi, este ano nun día de choiva por tal motivo realizáronse as alfombras florais no interior da igrexa.

28/4/22

MOLLAPAN

 O barrio de Mollapan quedou así de bonito logo de finalizar as obras de construción un muro de contención e acondicionamento das pistas.

Clima Crecente