3/11/20
25/10/20
LIMPEZA DO CEMITERIO 2020
É unha tradición que coa chegada do día de Todos os Santos o cemiterio estea preparado e limpio para que os nosos veciños poidan vir colocar flores e así homenaxear aos seus familiares falecidos dun xeito tan fermoso.
16/8/20
SAN ROQUE 2020
algo inusual,
diferente doutros anos
pero honramos ao noso
patrón San Roque
da mellor maneira que sabemos,
con falta de moitas cousas
pero con devoción e cariño.
Botamos de menos os anos que pasaron
VIRXE DO CAMIÑO (15-8-2020)
Un ano diferente, insólito, triste, deberíamos estar a celebrar unha festa que nos resulta moi querida para todos os veciños, pero non podemos celebrala como se merece. Agardemos que para o ano que vén todo cambie e poidamos ter gaiteiros, rosquilleiras, pulpeiras, pementos pola noite, música ... esas pequenas cousas que nos fan felices e que agora non podemos difrutar.
19/7/20
LIMPEZA NO POBO
Limpeza da ruta de sendeirismo e zonas comúns da parroquia, este ano realizouse uns meses máis tarde debido á situación na que nos atopamos este ano ( COVID 19). Día de moita calor 38º e con algunhas incidencias causadas polas velutinas que picaron a Daniel e Ramón, este último tivo que ser ingresado no hospital . A pesar de que se traballo moito, foi un día agradable de convivencia que finalizou cun gran xantar. Agradecemento a todos os veciños que colaboraron dalgunha maneira e en especial á Comunidade de montes e augas.
5/7/20
14/6/20
12/4/20
16/2/20
LACÓN CON GRELOS 2020
Hoxe día de degustar un clásico da comida galega, Lacón con grelos propia das datas do entroido. Como sempre preparado polos homes do pobo, detalle que agradecen as mulleres. Así que grazas a todos por preparar esa deliciosa comida en especial a Manolo e Julio tamén á nosa veciña Ines por traer de sobremesa unhas riquísimas orellas de frade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)