21/12/17
4/11/17
MAGOSTO 2017
1/11/17
DÍA DE TODOS OS SANTOS
7/10/17
30/9/17
EXCURSIÓN A ILLA DE ONS
A Illa de Ons foi este ano o destino da excursión organizada pola Asociación de Veciños e a Diputación de Pontevedra. Un día para disfrutar da natureza coa compañía da xente que che agrada. Realizamos dúas rutas unha ao BURACO DO INFERNO e outra ao FARO, toda a mañá camiñando percorrendo a illa e contemplando unhas vistas marabillosas.
4/9/17
1/9/17
27/8/17
SAN ROQUE 2017
Día de San Roque o noso patrón, misa ás 13h cantado polo coro de la parroquia, sesion vermut a cargo da charanga "VAI DE BAILE".
Pola noche verbena cos tríos, TRES.COM E KALIMA, unha festa moi animada e divertida.
26/8/17
Romaría VIRXE do CAMIÑO 2017
Romaría na virxe do camiño, primeiro día de festa, con misa solemne ás 13h acompañado polo coro da parroquia e o grupo de gaitas "XUNTANZA". Un día que comezou alegre e converteuse triste, debido a un incendio intencionado nas inmediaciones da capela, que obrigou desaloxar a todos unha vez rematada a misa.
Pola noite como se esta facendo estes últimos anos pemientos para todos gratis e festa con "Disco móbil AVIA SHOW"
15/8/17
9/7/17
ROMARÍA CRUCEIRO QUEBRADO 2017
Subimos ao monte para celebrar a romaría do Cristo dos Aflixidos na capela do Cruceiro Qrebado. Situada nunha contorna natural envexable pasamos o día rodeados de familiares e amigos en boa compañia compartindo mesa e comida entre todos.
1/7/17
17/6/17
3/6/17
III ANDAINA " RUTA DO COTO DA CRUZ"
Este sábado tubo lugar a 3ª andaina ao Coto da Cruz, unhas 75 persoas dispostas a camiñar máis de 7,5km xa que este ano incorporouse ao percorrido a visita á Sinada e aos repetidores que en anos anteriores non figuraron na ruta. A concentración foi no turreiro ás 9h e despois dun pequeno almorzo comezou a camiñada ás 9,30h facendo un percorrido circular pasando por Mollapan, Sotomaior, capela do Cruceiro Crebado, Sinada, Santuario da Virxe do Camiño, repetidores, miradoiro do Coto da Cruz, A Granxa, o muiño do Lombo e para rematar concentración outra vez no turreiro onde nos estaban a esperar preto de 40 persoas máis cunha suculenta comida para celebrar un ano máis a ruta.
21/5/17
LIMPEZA DA RUTA DE SENDEIRISMO 2017
Limpando a ruta de sendeirismo para que esté preparada para o día 3 de xuño. Un traballo que ao final se converte nunha convivencia moi agradable.
13/5/17
CENTENARIO da VIRXE de FATIMA
O sábado ás 10,30h saímos do freixo coa Virxe do Camiño nunha preciosa carroza feita por os nosos veciños con destino á Crecente para celebrar o centenario da virxe de Fatima, o mesmo fixeron os nosos veciños de Quintela e a Ribeira coa Virgen da Peregrína. Un día moi emocionante que non se volverá a repetir ata dentro de cen anos.
12/5/17
PREPARATIVOS do CENTENARIO de FATIMA
O señor párroco involucrou a todas as súas parroquias na celebración do centenario da virxe de Fatima, non resultou nada fácil pola dificultade da tarefa encomendada e o mal tempo que non axudou nada, pero ao final coa participación de todos conseguiuse.
15/4/17
CHURRASCADA
Outra churrascada máis, e esta vez grazas a unha veciña que reside en Sevilla, Katy (filla de Ana do Pazo) que ofreceu ao pobo o valor do premio que recibiu da rifa premiada nas festas de San Roque, un porco, asar o porco resultaba moi caro e a comisión de festas optou por facer unha churrascada á que asistiron 120 persoas.
Grazas Katy, e a xente que traballou para que todos poideran disfrutar.
PLANTACIÓN de PIÑEIROS na VIRXE DO CAMIÑO
Un grupo de 22 veciños voluntarios desplazaronse a Virxe do Camiño co fin de participar na reforestación dunha zona que estaba preparada para a plantación de 450 piñeiros. En menos de dúas horas o traballo estaba feito grazas ao esforzo, entusiasmo e ilusión da xente. Grazas a todos os que colaboraron.
5/4/17
1/4/17
LACÓN CON GRELOS 2017
Como todos os anos os homes do pobo reuníronse para degustar unha comida típica de Galicia, LACÓN CON GRELOS, este ano no canto de ser cea foi comida. A pesar do rico que estaba sobrou, pois fixeron moita cantidade así que á noite compartiron con todos os que estabamos no chiringuito este rico manxar.
11/3/17
ANTONIO ( o noso compañeiro de comparsa)
Este ano non puido acompañarnos, botámolo moito de menos porque é unha persoa moi importante para nós. Co propósito de demostrarlle o noso afecto e agarimo visitámolo e emtregámoslle un recordo da nosa comparsa
4/3/17
CARNAVAL 2017 " PAXAREANDO"
Chegou por fin o entroido, logo de moitas horas de traballo, de esforzos, de risas e charlas ás veces ata altas horas da madrugada. Empezamos mal con moitos problemas pero ao final pode dicirse que todo resulto medianamente ben. Grazas a todos, os que desfilaron, os que nos axudaron pero non desfilaron e en especial a esas persoas que estiveron aí día tras día traballando para que todos puidésemos gozar do entroido.
VIGO - accésit 500€
OURENSE - 3º PREMIO
CARBALLIÑO - 4º PREMIO
CELANOVA - 3º PREMIO
CORTEGADA - 2º PREMIO
CORTEGADA - 2º PREMIO
5/1/17
REIS 2017
Un ano máis están aquí os reis cargados de caramelos e agasallos para todos. O noso agasallo é unha merenda para que repoñan forzas e poidan seguir o seu camiño repartindo ilusión por otos pobos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)