Queremos expresar o noso agradecemento por esta marabillosa chocolatada que organizaron na nosa comunidade.Chiringuito, Marisol, Mariluz e Rosa Mª que fixo unhas cestas para sortear ao remate da chocolatada. Grazas veciños
Album de fotos
Trátase dunha romaría campestre que atrae a moitos veciños das localidades da contorna, uns por motivos relixiosos na que se celebra unha misa e sácase o santo en procesión e outros só para pasar un agradable día con amigos e familiares degustando un bo polbo, empanada, rosquillas e todo animado . por un grupo de gaitas
Despois duns anos de inactividade, hoxe retomamos a nosa ruta anual coa posibilidade de facer exercicio ao aire libre a través de impresionantes pasaxes rodeados de natureza e para rematar unha sabrosa comida no souto da capela do Cruceiro Quebrado.